Presentação do novo livro de Camilo Nogueira

Bitmap in Pres libro Camilo Nogueira Nación no Mundo 2019.cdr

A vindeira Sexta-feira dia 29 teremos um novo Diálogo de Paderne. Trata-se da apresentação por parte de Camilo Nogueira do seu livro “Unha Nación no mundo. A razón resistente”. Uma muito boa ocasião para nos achegar ao homem -destacado dirigente do nacionalismo galego, engenheiro e economista- na sua faceta como documentado autor de ensaio e análise política.
Agardamos-vos no restaurante A Cabana, em Fiobre (Bergondo), ás 20 horas.
Uma cordial saudação de Roxín Roxal.
Anúncios

Manifesto

A Asociación Cultural Roxín Roxal, integrada na Rede Patrimonio Cultural, atendendo aos seus fins principais, que segundo os seus estatutos se resumen na defensa do patrimonio cultural galego, quere poñer de manifesto o seguinte:

 

Na visita cultural feita ao Museo Carlos Maside, en setembro de 2018, causounos unha grande preocupación o estado de abandono das instalacións, que pode pór en risco a correcta conservación dalgunhas das obras alí gardadas. O Museo Carlos Maside é parte indispensable do proxecto de renovación artística e cultural da Galiza do século XX trala Guerra Civil. Non podemos entender a Galiza contemporánea sen o legado depositado no Museo Carlos Maside. Aí está a visión renovadora e vangardista dos artistas e intelectuais que cimentaron a creación cultural da Galiza de hoxe. Unha colección na que hai relevantes fondos de Castelao, Maside, Seoane ou Díaz Pardo, entre moitos outros, nun emblemático edificio que é parte indiscutible do proxecto. Permitir o desmantelamento, a precariedade, a morte dun centro cultural como este supón esquecer e facer desaparecer todo o que cimentou a cultura e a identidade galega que deu lugar á recuperación das institucións de autogoberno, así como renunciar ás páxinas máis brillantes da cultura e arte galegas do século XX.

 

Sabemos que en marzo do ano 2018 a Xunta fixo o anuncio de que iniciaba os estudos previos para proceder a incoación da declaración de Ben de Interese Cultural. Dende Roxin Roxal, procuramos información na Dirección Xeral de Patrimonio sobre a situación actual do mencionado trámite, mais ninguén soubo darnos novas.

 

Neste ano 2019, o Día das Artes Galegas adícase a Luis Seoane. Cómpre pola nosa parte, lembrar unha frase súa: “En pintura non abra a boca antes de abrir os ollos”. A Asociación Roxin Roxal abriu os ollos para celebrar a súa obra e ante a preocupante situación, co apoio das entidades adheridas á Rede do Patrimonio, non podemos deixar de abrir a boca para dar voz a unhas demandas que consideramos necesarias e urxentes.

 

Por iso expresamos a nosa inquedanza á sociedade galega e facemos un chamamento para que os trámites pertinentes da incoación cheguen ao porto que poña salvagarda non só a obra de Luis Seoane, o noso homenaxeado de hoxe, senón de todo o Museo Maside, patrimonio de todas as galegas e galegos.

 

Xaneiro de 2019

25 de Janeiro. Assembleia Geral e Homenagem a Luis Seoane

bitmap in episodios vella historia(2)
O 25 de xaneiro con cheo na sala Xulio Cuns do Liceo de Betanzos, a Asociación Cultural Roxín Roxal, rendeu unha homenaxe reinvidicativa a Luis Seoane. Naceu esta iniciativa da preocupación que se xerou nunha visita que organizamos o pasado mes de setembro ao Museo Carlos Maside.
Tras a presentación do acto pola secretaria da asociación, interviu a Directora doa Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira, cunhas certeiras pinceladas que nos situaron no tempo, na vida e na obra do polifacético artista.
O actor -tamén mestre, director teatral, cofundador e codirector do estudo Casahamlet- Santiago Fernández e o músico Sergio López, puxeron en escena “Episodios dunha vella historia”. Trátase dunha escolla de textos dos libros de Seoane “Fardel de exiliado”, “Na brétema Sant-Iago” e “A maior abondamento”.
O presidente de Roxín Roxal, Miguel Rodríguez Carnota, rematou o acto coa lectura do Manifesto que, co apoio da Rede do Patrimonio Cultural, expresa a nosa inquedanza e fai “un chamamento para que os trámites pertinentes da incoación cheguen ao porto que poña salvagarda non só a obra de Luis Seoane, o noso homenaxeado de hoxe, senon de todo o Museo Carlos Maside, patrimonio de todas as galegas e galegos”.

Assembleia Geral, mais informação

O vindeiro 25 de Janeiro celebraremos a assembleia geral anual. Desta volta será em Betanços, no salão Xulio Cuns do Liceu às 19 horas. Logo da assembleia, por volta das  20 horas terá lugar uma velada poético-musical a cárrego da companhia teatral Casa Hamlet -“Episodios Dunha Vella Historia”- baseada na obra poética de Luis Seoane.

Igualmente, depois da visita do 16 de Setembro e como conseqüência da reflexão feita polos membros da Junta Diretiva à vista do estado de abandono e o incerto futuro do Museu Carlos Maside, temos elaborado un manifesto para instar à defesa deste valioso património cultural. Solicitaremos também a adesão das entidades que, coma nós, põem o seu esforço na recuperação, defesa. difussão e posta em valot do património da Nossa Terra.

 

Assembleia Geral

O vindeiro dia 25 de Janeiro terá lugar a Assembleia Geral Anual, como nela vão-se renovar alguns cárregos (presidente e uma ou duas vogalias) abre-se um praço de apresentação de candidaturas que corre desde hoje -23 de Dezembro- até o 9 de Janeiro.

Quem quisser apresentar candidatura deverá faze-lo no correio da Associação (roxinroxal@yahoo.com). Agardamos que o próximo ano venha cheio de bens para todos e que possamos seguir fazendo pais.

Uma aperta, Roxín Roxal